Sobre nós

Tenda local de cercanía, con máis de 30 anos de experiencia

En Terra Deporte, buscamos unhas condicións de comercio coa mellor relación
sostenibilidade/calidade/prezo, para axudarte a vivir as mellores e máis seguras experiencias
nos deportes que engloban o medio natural, dende as nosas costas ata as cumbres máis altas.
Preocupándonos polo teu confort, saúde e pola do noso planeta.

Formando parte do grupo de Soy Green

Grupo de tendas especializadas de proximidade da Península, especialistas en deportes e actividades de montaña.

Unidas, formamos un equipo máis forte para ti, no que buscamos un equilibrio entre cubrir as vosas necesidades e as do noso planeta, fomentando un consumo responsable e de calidade.